Grao Medicina USC

Na EOXI A Coruña colabórase coa formación práctica dos alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º curso do Grao de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela. Cada ano recíbense en torno a 200 alumnos que realizan a parte práctica en diferentes Servizos da EOXI. Concretamente, no curso 2017-2018, 110 alumnos permanecerán unha media de 9 meses durante os cales cursarán as seguintes clínicas:

. Clínica Médica

. Clínica Cirúrxica

. Clínica Pediátrica

. Clínica Obst. e Xinecolóxica

. Clínica Psiquiátrica

. Medicina Familiar

. Urxencias/Servizos Centrais

A alta preparación das infraestructuras tanto físicas como de persoal permiten que a nosa Xerencia sea referencia para a acollida de alumnos da Facultade de Medicina da USC así como de Facultades de Medicina doutras comunidades autónomas.

grado 2015-2016
ALUMNOS DE MEDICINA DA USC

Profesorado
Prácticas periodo lectivo

ALUMNOS DE MEDICINA DOUTRAS FACULTADES

Solicitude de estancias prácticas

O proxecto Aula MIR O, nace da idea de dar un valor engadido aos alumnos que van a realizar a sua formación práctica na EOXI A Coruña, ao longo do periodo setembro 2017- maio 2018, realizaranse distintos seminarios, cursos, etc, que completarán a formación dos alumnos que elexiron o noso centro para realizar a formación práctica do 6º curso de grao.

Os seminarios serán impartidos nas Aulas 1 e 2 de Docencia, na 4ªplanta do Hospital A Coruña, ao carón do Salón de Actos.


Alumnos da Comunidade Autónoma
Alumnos de Universidades de fóra de Galicia