Espazo do Profesional

Un dos obxectivos que queremos acadar no Espazo do profesional é proporcionarvos a información que poidades precisar durante a vosa traxectoria profesional. A nosa intención é abranguer as distintas necesidades de información segundo a etapa profesional na que vos encontredes.

Divisións do ámbito de competencia
  • Emprego público, no que se contemplan os diferentes procesos selectivos (oposición, vinculacións temporais…) do Servizo Galego de Saúde.
  • Manual de acollida, unha vez incorporado na nosa organización, ofrecémosche unha pequena guía con información que esperamos faga máis doada a túa incorporación como novo profesional.
  • Provisión, neste apartado podes atopar información sobre os diferentes procesos que che poden interesar para o teu desenvolvemento profesional.
  • Normativa, poñemos a túa disposición os textos legais máis relevantes no noso ámbito.