Aqueles profesionais que fostes beneficiarios do bono turístico no pasado ano, debedes revisar á declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas correspondente ao exercicio 2020 para comprobar que constan as contías que percibiron polo bono turístico abonado pola Xunta de Galicia a través de Turismo.
As contías deben aparecer debidamente reflectidas na declaración. Informamosvos de esta incidencia, posto que se nos ten trasladado que en algúns borradores da declaración de IRPF aparecía o importe duplicado nos apartados de «Rendimientos del trabajo» e tamén no de «Ganancias y pérdidas patrimoniales que no derivan de la transmisión de elementos patrimoniales», cando só debe aparecer no primeiro apartado citado.
Como sabedes, esa retribución non a fixo o Sergas por tanto non ía no noso 190 pero si os comunicou a administración que abonou o importe aos beneficiarios/as.