Prevención de Riscos Laborais na Área sanitaria da Coruña e Cee (ASACEC)

A Unidade de Prevención de Riscos Laborais constitúe un servizo especializado dentro da Área Sanitaria, orientado á protección da saúde e seguridade do persoal profesional. Está integrada por dúas áreas complementarias complementarias: a Área Técnica e a Área de Saúde Laboral, que traballan de forma coordinada na procura dun entorno laboral seguro, saudable e conforme á normativa vixente.

Composición UPRL

A Área Técnica, formada por 4 técnicos de PRL, especialistas nas materias de seguridade do traballo, hixiene industrial e ergonomía e psicosocioloxía aplicada encárgase da identificación, avaliación e proposta de medidas de control dos riscos laborais mediante actuacións técnicas. Tamén desenvolve actividades formativas, asesora aos distintos axentes implicados na seguridade e saúde dos traballadores, xestiona a coordinación de actividades empresariais con empresas externas e colabora na comprobación da conformidade dos equipos de protección individual entre outras actividades.

Pola súa parte, a Área de Saúde Laboral ten como obxectivo a vixilancia e promoción da saúde das persoas traballadoras, mediante recoñecementos médicos, adaptacións do posto por razóns de saúde, embarazo ou lactación, e a valoración e seguemento de posibles enfermidades profesionais ou accidentes biolóxicos.

Ambas áreas traballan conxuntamente para garantir a prevención eficaz dos riscos laborais, a mellora continua das condicións de traballo e a protección da saúde do persoal ao servizo da sanidade pública.

Onde estamos?

UPRL
Edificio Dispositivo de Soporte Novo CHUAC – EXPOCORUÑA
Rúa Juana Capdevielle, núm. 2
15008 A Coruña​

Oficina técnica: 1º andar
Medicina do traballo: 1º andar

Atención ao público de 08:00 – 15:00

Ademais podes contactar connosco

Na secretaría da UPRL

  • 981178298 ou ext. 295551

No seguinte enderezo de correo.

  • salud.laboral.secretaria.chuac@sergas.es