Espazo do profesional

O Espazo do Profesional é unha unidade da Área Sanitaria da Coruña e Cee que ten por misión fundamental atender aos traballadores/as de calquera dos centros da área sanitaria, informándoos, canalizando as súas suxestións e propostas e, en definitiva, axundándoos nos distintos aspectos da súa vida profesional.

Cales son a nosas principais funcións

  • Acoller ao novo profesional, orientándoo en todas os trámites previos así como axudándolle nas tarefas propias da incorporación.

  • Informar, tanto de xeito presencial como a través de canles telemáticas, dos distintos aspectos da vida profesional, tales como: convocatorias, eventos, requisitos para distintos procedementos, etc.

  • Escoitar as suxestións e propostas dos profesionais e transmitilas aos órganos competentes para a súa resolución.

  • Axudar en diversas xestións relacionadas coa súa vida profesional.

  • Realizar programas específicos de información e axuda aos profesionais da Área Sanitaria de A Coruña.

Onde estamos?

Espazo do Profesional
Hotel de Pacientes do HUAC – Andar semisoto
Xubias de Arriba 84
15006 A Coruña

Atención ao público de 08:00 – 15:00

Ademais podes contactar connosco

Nas seguintes liñas telefónicas

  • 981176248 ou ext. 291033
  • 981176563 ou ext. 291064
  • 981178147 ou ext. 291004
  • 981178296 ou ext. 291021

No seguinte enderezo de correo

  • Espazo.do.profesional.coruna@sergas.es

Nesta mesma páxina web

  • http://espazodoprofesional.xxiac.es

Dende xa, as persoas que atendemos o Espazo do Profesional, estamos a túa disposición para axudarte.
Saúdos